miserable
miserable
(< lat miserabĭle)
-
adx
Que é digno de compaixón pola súa desgraza.
Ex: Non podían esquecer a expresión daquela miserable nai.
Sinónimos: miserábel. -
adx
Que denota unha extrema pobreza.
Ex: Vivía nun miserable alpendre.
Sinónimos: miserábel. -
adx
Que é menosprezable polo seu escaso valor ou a súa insignificancia.
Ex: Deunos unha miserable moeda a cada un.
Sinónimos: miserábel. -
adx e s
Que ou quen merece menosprezo e indignación pola súa maldade.
Ex: Non pensei que fixera algo tan miserable. É un miserable, nin merece que lle dirixas a palabra.
Sinónimos: miserábel. -
adx e s
Que ou quen amosa unha actitude mesquiña e apegada ao diñeiro.
Ex: Fixo unha miserable doazón ao hospital. É un miserable, non nos quixo dar o aguinaldo.
Sinónimos: miserábel.