misericordia
(< lat misericordĭa)
-
[RELIX]
-
s
f
Profunda piedade ou compaixón que impulsa a perdoar e a socorrer. Na tradición oral recóllense ditos como: “A gran pecado, gran misericordia”.
-
obra de misericordia
Cada unha das boas obras que teñen por obxecto axudar ao próximo. O catecismo tradicional divídeas en sete corporais: dar de comer ao que ten fame, dar de beber ao que ten sede, vestir ao nu, aloxar ao peregrino, visitar aos enfermos, redimir aos cativos e enterrar aos mortos; e sete espirituais: ensinar ao que non sabe, dar bo consello ao que o precisa, consolar ao aflixido, corrixir ao que se confunde, perdoar as inxurias, padecer con paciencia as fraquezas do próximo e pregar a Deus polos vivos e polos defuntos.
-
s
f
-
s
f
[ARTE/RELIX]
Pequeno asento fixado á parte inferior das cadeiras abatibles dun coro monástico ou canónico que permite apoiarse ao tempo que se está dereito. Xeralmente decórase con figuracións esculpidas de carácter fantástico ou alegórico.
-
s
f
[BÉL]
Pequeno puñal co que antigamente se loitaba a falta doutras armas e se daba o golpe de graza ao adversario caído.