Misión
Misión
[PUBLIC]
Revista publicada en Ourense a partir do 16 de febreiro de 1937. Cesou en 1938, para editarse en Pamplona e logo en Madrid (1942-1947), xa como semanario. Fundada por Ricardo Outeiriño e dirixida por Manuel González Cerezales, subtitulouse “Revista quincenal de la parroquia y la escuela” e, na súa etapa en Madrid, “Semanario del Hogar”. De carácter cultural e relixioso, incluíu artigos de apoio ao réxime franquista, poemas líricos e relixiosos, e información sobre o ensino. Dos seus colaboradores destacan Vicente Risco, R. Otero Pedrayo e F. López Cuevillas. Incluíu numerosos suplementos, moitos deles reedicións de obras do Século de Ouro español, encíclicas papais e críticas literarias e artísticas.