Misiones

Misiones

Provincia do N de Arxentina, situada na rexión Litoral (29.801 km2; 961.274 h [2001]. A súa capital é Posadas. Limita ao N e ao L con Brasil e a provincia de Corrientes e ao O coa provincia de Corrientes e Paraguay. O seu relevo está formado por un altiplano que é a continuación do escudo brasileiro, que descende en altitude de NL a SO. Ao N, os ríos forman fervenzas e saltos, os máis importantes son os do río Iguaçú. O clima é subtropical húmido. A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de té, tabaco, froita, arroz, cereais e forraxe.