Mitanni
Antigo reino de Oriente Medio (1560?-1350? a C), centrado na Alta Mesopotamia. A súa poboación era hurrita, foi dirixido por unha aristocracia militar indoaria, a dos maryanna, que practicou de 1560 a 1450 a C unha política antiexipcia para o control de Siria, e de 1450 a 1350 a C, unha política antihitita. O Rei Parattarna (1545?) someteu Alalakh (Siria) e Kizzuwadna (Cilicia). Baixo Saustatar (1500?), acadou o seu apoxeo estendéndose do Tauro ao Zagros e dos Amanus ata Al-Biqā’, aínda que foi nese momento cando Tutmosis III invadiu o reino (1472). Artatama I (1450) iniciou a política proexipcia e antihitita, pero Tušratta (1395?-1355 a C) foi atacado por Šuppiluliumaš I e perdeu a capital (1355), Waššukkani. Finalmente foi sometido polos hititas.