mitra

mitra

(< lat mitra < gr μίτρα)

  1. s f
    1. [INDUM/HIST]

      Gorro apuntado que utilizaban os antigos persas.

    2. [INDUM/RELIX]

      Gorro litúrxico, propio dos bispos, arcebispos e dalgúns eclesiásticos con este privilexio, que se empregaba durante a celebración litúrxica. En Occidente, nos ss IX e X, tiña dúas cúspides, coas puntas nos lados ou diante e detrás. En Oriente tomou unha forma case semiesférica, cunha cruz no cumio.

  2. s f [RELIX]
    1. Dignidade ou cargo de bispo ou arcebispo.

    2. Territorio sometido á xurisdición dun bispo ou arcebispo.

Palabras veciñas

mitose | mitóspora | mitótico -ca | mitra | Mitra | Mitra | mitrado -da