mitraísmo

mitraísmo

(< antropónimo Mitra)

s m [RELIX/HIST]

Culto ao deus Mitra que arraigou nas comunidades persas de Asia Menor despois da conquista macedónica, e a través dela estendeuse a Roma e a todo o Imperio, onde constituíu unha relixión oficial, reservada aos soldados. Rivalizou fortemente co cristianismo, que transformou a súa festa principal no Nadal. Extinguiuse no s V.

Palabras veciñas

Mitra | Mitra | mitrado -da | mitraísmo | mitral | Mitre, Bartolomé | mitreo