mixto -ta
mixto -ta
(< lat mixtu)
-
adx
Que está composto de partes ou elementos diferentes ou non semellantes.
Ex: Fun comer a un restaurante vexetariano e pedín unha ensalada mixta.
-
adx
Que comprende a individuos de sexos diferentes.
Ex: Eu sempre estudei nun colexio mixto.
-
lingua mixta
[LING]
Lingua que é produto da combinación léxica, gramatical e fonética de dúas ou máis linguas, cunha finalidade básica de comunicación no ámbito do comercio. Son linguas mixtas o crioulo, as linguas francas e o pidgin-english.
-
número mixto
[MAT]
Número racional que pode ser expresado como suma dun enteiro e dunha fracción propia.
-
sílaba mixta
[LING]
Sílaba que comeza e acaba con consoantes, segundo a gramática tradicional.