Mocedades Galeguistas
Mocedades Galeguistas
Asociación constituída o 22 de agosto de 1953 no Centro Ourensán de Bos Aires liderada por Vidal Pérez Graña e coa colaboración de Antón Moreda e Antón Santamarina. Entre os seus obxectivos estaba coñecer e espallar a cultura e a realidade galega nos eidos da cultura, a historia, a xeografía, a economía e a lingua. Integrouse na Irmandade Galega e contou co apoio de galeguistas como Bieito Cupeiro Vázquez e Manuel Pedreira. Entre os seus socios destacaron Xosé Neira Vilas, Manuel Cordeiro e Xosé Casal. Impulsaron unha renovación do pacto Galeuzca, coordinándose con entidades xuvenís catalás (Juventut Catalana) e vascas (Acción Vasca).