modo

modo

(< lat modu)

  1. s m pl

    Accidente ou morfema verbal -cos de persoa, tempo e voz- que dá lugar a modificacións do verbo por influencia ou réxime dalgunha palabra ou algunha frase á que estivo ou puido estar subordinado e que manifesta a actitude subxectiva do falante respecto a aquilo que di. O modo defínese sobre todo en relación cunha clase non marcada de proposicións que expresan simples situacións de feito, prescindindo da actitude do falante cara a aquilo que di. Estas oracións simplemente declarativas son, en sentido estrito, non modais ou non marcadas polo que fai o modo.

    Ex: A súa filla sempre tivo moi bos modos.

  2. modo de ser [FILOS]
    1. Determinación entitativa sen consistencia nela mesma que depende sempre doutra entidade e cun grao de realidade menor ca o do accidente. Os modos poden ser, entre outros, substanciais, accidentais e de inherencia, segundo sexan determinación dunha substancia, dun accidente ou do xeito como un accidente ou unha calidade é inherente a un suxeito. O concepto foi case exclusivo da chamada última escolástica (sobre todo de Francisco Suárez) pero conservouse con moi diversas interpretacións na filosofía moderna (Descartes, Spinoza, Locke e Leibniz, entre outros). OBS: Tamén se denomina modo de ser e modo real.

    2. modo de ser [FILOS]

      Cada un dos atributos transcendentais do ser, como a bondade, a unidade, a verdade e, para algúns, a beleza.

  3. s m
    1. s m

      Carga imposta nun acto de liberdade que supón un límite no enriquecemento do que recibe, e que este ha de cumprir para evitar que o acto poida ser revogado ou se convirta en ineficaz.

    2. s m

      Encargo unido a unha doazón ou a un legado que obriga o adquirente.

    3. modo de adquisición

      Feito xurídico polo que unha persoa adquire o dominio ou outro dereito real sobre a cousa.

  4. [MAT]

    Carga imposta nun acto de liberdade que supón un límite no enriquecemento do que recibe, e que este ha de cumprir para evitar que o acto poida ser revogado ou se convirta en ineficaz.

  5. s m [FÍS/IND]

    Disposición das premisas segundo a súa cantidade (universal ou particular) e calidade (afirmativa ou negativa), nun siloxismo categórico. Considerando que as premisas poden ser universais afirmativas (A), universais negativas (E), particulares afirmativas (I) e particulares negativas (O), as posibilidades de combinacións entre premisa maior e menor no siloxismo son de 16 modos (AA, AE, AI, AO, EA, EE, etc); e, como estes 16 modos se dan en cada unha das catro figuras que o siloxismo pode ter segundo a posición do termo medio nas premisas, o número total de figuras que os modos acadan no siloxismo é de 64. Destes, só 19 son considerados loxicamente válidos (4 deles non son aceptados como válidos por todo o mundo).

  6. s m [MÚS]
    1. Relación interválica entre a nota erixida como centro tonal (tónica) e as restantes notas da escala. A música medieval occidental eclesiástica, inspirada na música clásica grega, tiña oito modos, catro auténticos e catro plagais. A música europea culta conservou dous a partir do s XVII: o maior e o menor.

    2. Cada unha das células ou fórmulas rítmicas que ordenaban unha obra musical no s XIII.

    3. alor das figuras máxima e longa, na teoría mensural medieval. Se estas tiñan valor ternario correspondíalle o modo maior perfecto; se o tiñan binario, o modo maior imperfecto.

  7. modo de produción [ECON]

    Relación interválica entre a nota erixida como centro tonal (tónica) e as restantes notas da escala. A música medieval occidental eclesiástica, inspirada na música clásica grega, tiña oito modos, catro auténticos e catro plagais. A música europea culta conservou dous a partir do s XVII: o maior e o menor.

  8. Concepto teórico elaborado pola análise das formacións sociais concretas, a validez do que non está limitado a un período ou a un tipo de sociedade. Como ferramenta de análise histórica, permite establecer periodizacións non arbitrarias e, polo tanto, estudar os procesos históricos de evolución e transformación das formacións sociais. Ten a súa orixe nas obras de K. Marx e F. Engels, xa que estes non lle deron un tratamento específico nin o definiron. De todos os xeitos, a partir da utilización que fixeron, en particular no Prefacio da Contribución á crítica da economía política, de K. Marx, elaborouse un concepto de modo de produción, en sentido restritivo, que fai referencia á forma en que se producen os bens materiais. Neste sentido, considérase como unha combinación articulada de relacións de produción e forzas produtivas, estruturada pola dominación das relacións de produción. Segundo sexa esta combinación, distínguense os seguintes modos de produción tipo, que corresponden a períodos da historia humana: primitivo, escravista, feudal, asiático, capitalista e socialista. O carácter dominante das relacións de produción vén dado por definiren a forma específica de apropiación e asignación do excedente económico. O excedente económico aparece como elemento clave no concepto de modo de produción, mentres que os modos de produción concretos se diferencian na forma en que, en cada un deles, se realiza a apropiación deste excedente. O concepto de modo de produción ten como cuestión fundamental a reprodución. Cada formación social (sociedade existente historicamente) pode ser definida en termos dunha combinación de modos de produción, un dos que aparece como determinante, no sentido de que elabora as características da formación social. A existencia destas formacións sociais e o tránsito da unha á outra defínense polas condicións de existencia dos particulares modos de produción dominantes, que definen unhas condicións de existencia particulares, por un lado económicas (correspondencia entre as relacións de produción e as forzas produtivas) e polo outro superestruturais (políticas, xurídicas e ideolóxicas).

Palabras veciñas

modista | modisto -ta | Mödl, Martha | modo | modoc | Modón | 1 modorra