Moehringia
Moehringia
[PLANTA]
Xénero de plantas, da familia das cariofiláceas, que presenta follas opostas, ovadas e enteiras, flores solitarias e pétalos brancos. Aseméllase moito ao xénero Arenaria, mais diferenciase deste por posuír sementes con excrecencias. No interior de Galicia atópase a especie M. trinervia.