Moenchia
Moenchia
[PLANTA]
Xénero de plantas anuais, da familia das cariofiláceas, que presenta follas sésiles, as da base agrupadas, flores de pétalos enteiros e brancos, con sépalos máis grandes e froito en cápsula. En moitas partes de Galicia atópase a especie M. erecta, que florece entre maio e xuño.