mogol -la
mogol -la
(< turco mugal)
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo mogol.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo mogol.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo da rama mongol de Chagatai Khan, que, procedente do Turkestán, chegou a India. Ao establecerse, foi islamizado (s XIV) e formouse o Imperio Mogol.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum altaico da familia mongol que se fala no extremo nordés de Afganistán.
-
gran mogol
[HIST]
Soberano do Imperio Mogol.