Mohenjo-Daro
Mohenjo-Daro
Núcleo urbano situado á beira do río Indo, na rexión de Sind, Paquistán. É un dos vestixios principais da civilización protohistórica do Indus. Foi descuberto por R. D. Banorji (1921) e escavada por J. Marshall e E. Mackay. Presenta unha estrutura urbanística octogonal amurallada cun sistema de edificios e servizos públicos moi ben concibido.