Molanes, pazo de
Molanes, pazo de
Construción situada en Coruxo (Vigo). Fundouna Antonio Costas, sobre o seu morgado, na segunda metade do s XVII. A fábrica orixinal foi alterada e o acueduto do que dispuña quedou partido pola estrada, aínda que nel se conserva inscrita a data de 1770. No terreo consérvase unha fonte cunha figura humana de dúas caras, unha que sorrí e outra que chora.