molestia

molestia

(< lat molestĭa)

  1. s f

    Acción e efecto de molestar ou molestarse.

  2. s f
    1. Perturbación da tranquilidade física ou moral producida por algo que incomoda, prexudica ou desagrada.

      Ex: Pediu perdón polas molestias causadas.

    2. Cousa que produce incomodidade ou malestar a alguén.

      Ex: É unha molestia ter que asinar todos os días no rexistro.

  3. s f

    Malestar físico de carácter leve.

    Ex: Aínda que lle deron a alta médica, o xogador aínda tiña molestias no nocello. OBS: Nesta acepción emprégase xeralmente en plural.

Refráns

  • A quen tes que contentar non o debes enfadar.
  • Calquera gato sente que outro o rabuñe.
  • Nin burro omeante nin home rallante.
  • Quen non se sente dunha mala palabra, non se sente dunha labazada.

Palabras veciñas

Moles | molesquín | molestar | molestia | molesto -ta | moleta | moletas