mon-khmer
mon-khmer
-
adx
Relativo ou pertencente ás linguas mon-khmer
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas do phylum áustrico que se falan principalmente en Indochina e en India. Son de estrutura basicamente monosilábica e sérvense de numerosos prefixos. As linguas máis importantes deste grupo son o khmer e o mon ou talaing, que se fala ao SO de Birmania. Teñen escritura propia, que deu orixe ao alfabeto birmano (no caso da escritura mon) e ao alfabeto laosiano e siamés (no caso da escritura khmer). Posúen unha importante literatura escrita que data do s VIII.