Mónica

Mónica
[ONOM]

Antropónimo feminino de orixe descoñecida. Hai quen considera que procede do nome grego Moníka, feminino de Mónikos (variante de Monakós), pero o máis probable é que se trate dunha adaptación latina dun nome púnico. Tamén hai quen ve a orixe no nome persoal latino Monna, que corresponde a monna, ‘nai’ da linguaxe infantil. Santa Mónica de Tagaste (331-387?), nai de santo Agostiño, celébrase o 9 de abril e o 27 de agosto.