monimiáceo -a

monimiáceo -a

(< lat científico Monimia, xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás monimiáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das monimiáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, da orde das laurais, integrada por unhas 400 especies propias das rexións tropicais, sobre todo do hemisferio sur. A esta familia pertence a especie Peumus boldus (o boldo).

Palabras veciñas

monilíase | moniliforme | moniliose | monimiáceo -a | Moñino Redondo, José | Monio | monismo