monoblefaridal
monoblefaridal
(< lat científico Monoblepharis, xénero de fungos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos monoblefaridais.
-
s
m
[FUNGO]
Fungo da orde dos monoblefaridais.
-
s
m pl
[FUNGO]
Orde de fungos, da clase dos quitridiomicetos, que presenta multiplicación asexual mediante zoosporas uniflaxeladas e multiplicación sexual por oogamia. Habitan sobre restos vexetais somerxidos.