monocarril
(< mono- + carril)
-
s
m
[COMUN/TRANSP]
-
Ferrocarril que utiliza un só carril de rodamento para desprazarse. Segundo os diversos sistemas, os trens circulan a cabalo do carril, ou ben colgan suspendidos. En ambos os dous casos trátase dun ferrocarril elevado, levantado sobre piares para non interferir co tránsito de superficie. No sistema a cabalo do carril, constituído por unha viga de formigón armado, as rodas motrices do tren, con pneumáticos, corren pola pista superior do carril, mentres que as rodas de guía, de eixe vertical, percorren pistas laterais, a cada lado do carril. No sistema de tren suspendido dun carril superior, as rodas metálicas corren por riba dun camiño de aceiro. Este sistema pode ser tamén a base de rodas e pneumáticos. Neste caso o carril superior é unha viga-caixón, e polo seu interior pasan os bogies. As rodas corren polas caras internas da viga, as motrices pola cara inferior e as de guía polas laterais, e os vehículos colgan a través da abertura inferior da viga. Tamén se fixeron ensaios con monocarrís aerodeslizadores que, en lugar de correr sobre rodas, desprázanse sobre un coxín de aire, tanto na modalidade a cabalo dun carril inferior como na de suspendido dun carril superior. Non obstante , o sistema que parece ter un porvir máis claro é o do monocarril con suspensión por levitación magnética e tracción mediante un motor lineal. OBS: Tamén se denomina monorraíl.
-
Carril sobre o que roda ou ben pende este tipo de ferrocarril.
-
agoneta dun destes ferrocarrís.
-
-
s
m
[IND]
Sistema de mantemento industrial constituído por un carril aéreo do que colgan pequenas carretas que, sexa movidos a man, sexa accionados por unha cadea sen fío, transportan obxectos dun lado a outro suspendidos de ganchos ou sobre plataformas.