Monochamus
Monochamus
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de coleópteros da familia dos cerambícidos. A súa importancia vén determinada porque algunhas especies deste xénero son vectores do nematodo Bursaphelenchus xylophilus, o que é unha plaga de piñeiros e outras coníferas. Os adultos deste xénero aliméntanse de madeira, onde tamén poñen os ovos. Na Península Ibérica está presente a especie M. galloprovincialis.