monoclinal
monoclinal
(< mono- + sinclinal)
-
adx
[XEOL]
Aplícase á estrutura xeolóxica en que as capas teñen a mesma inclinación e dirección.
-
pregamento monoclinal
[XEOL]
flexión.
-
relevo monoclinal
[XEOL]
Forma topográfica asimétrica composta por unha fronte escarpada, formada pola interrupción dunha capa resistente e, una plano inclinado, que corresponde ao dorso da capa dura. Cando a inclinación é de poucos graos recibe o nome de costa, e se é case vertical, o de hogback ou crista.