monocromador

monocromador

(< ingl monochromator)

s m [FÍS]

Dispositivo que permite obter unha radiación monocromática. Xeralmente son láminas cristalinas planas ou curvas, ou ben prismas, que se empregan en espectroscopia para seleccionar radiacións monocromáticas de lonxitude de onda coñecida.