monofásico -ca

monofásico -ca

(< monofase)

  1. adx

    Que consta dunha soa fase.

  2. adx [FÍS]

    monofase.

  3. aparato monofásico [ENX]

    Aparato que se alimenta por unha tensión monofásica.

  4. sistema monofásico [ENX]

    Sistema formado por unha soa magnitude eléctrica sinusoidal que é alimentado por una tensión alterna simple e emprega unicamente dous condutores. Utilízase xeralmente na alimentación a baixa tensión de aparatos de pouco consumo en instalacións domésticas, e tamén en tracción eléctrica.

Palabras veciñas

monoesquí | monófago -ga | monofase | monofásico -ca | monofaxia | monofilético -ca | monofiletismo