monofonía

monofonía

(< mono- + -fonía)

s f [TECNOL/MÚS]

Técnica de gravación e reprodución de sons mediante unha única canle e, polo tanto, un único foco sonoro (ou máis, pero que reproducen a mesma información). Este procedemento non permite a restitución espacial do son, e por iso se substitúe, en moitos casos, pola estereofonía.