monoplacóforo -ra

monoplacóforo -ra

(< mono- + placa + -for(a/o)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos monoplacóforos.

  2. s m [ANIMAL]

    Molusco da clase dos monoplacóforos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase do filo dos moluscos anfineuros, da que todos os seus representantes son fósiles do Cámbrico e do Devónico, excepto dúas especies do xénero Neopilina, descubertas en 1952 pola expedición do “Galathea” preto das costas mexicanas do Pacífico, a unha profundidade de 3.000 m. Caracterízase porque os individuos posúen unha única cuncha simétrica, co ápice curvado cara a adiante e que ten entre 3 e 8 pares de impresión musculares.

Palabras veciñas

monopatín | monopétalo -la | monopireno -na | monoplacóforo -ra | monoplano | monoplexía | monoploide