Monopoly
Monopoly
[XOGO]
Xogo de mesa que ten a súa orixe a finais do s XIX, cando Elizabeth Magie patentou The landlord’s game, unha versión que tivo moi boa acollida en EE UU. Este prototipo era una forma de propaganda anticapitalista na que a creadora intentaba mostrar como os propietarios sen escrúpulos podían conseguir rendas inxustas; pero esta idea inicial cambiou na primeira versión do xogo patentada en 1933 por Charles Darrow, na que o que se promovía era, precisamente, unha idea capitalista e acumuladora de bens e recursos. O obxectivo do xogo é conseguir a bancarrota dos demais xogadores e aumentar a riqueza persoal ata chegar ao monopolio.