monotrema

monotrema

(< mono- + τρημα ‘orificio’)

  1. adx [ZOOL]

    Que só ten un orificio para eliminar as excrecións.

  2. [ANIMAL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos monotremas.

    2. s m

      Mamífero da orde dos monotremas.

    3. s m pl

      Orde de mamíferos prototerios que comprende a familia dos ornitorrinquídeos (ornitorrinco) e a familia dos taquiglósidos (equidna). Presentan un bico córneo e unha cloaca por onde expulsan os ovos dos que nacen as crías, que lamben o leite que se desprende das glándulas mamarias, que carecen de pezón. Os machos teñen os testículos intraabdominais. Tanto o tubo dixestivo como as vías uroxenitais rematan nunha cloaca.Viven en Australia e nas illas próximas.