monoxenismo
(< gr μονογενήV + -ismo)
-
s
m
[ANTROPCULT/RELIX]
Doutrina que sostén que o xénero humano procede dunha soa parella. Contrario ao polixenismo, adoita fundamentarse en motivos teolóxicos ou humanistas; no tocante a unha fundamentación científica, o monoxenismo non pode probarse con certeza, e a hipótese científica que hoxe parece máis estendida é que a hominización non deriva de diversas especies animais (polifiletismo), senón que máis ben deriva dunha soa (monofiletismo), pero non necesariamente dun só individuo (monoxenismo). Aínda que a Igrexa Católica nunca definiu dogmaticamente o monoxenismo, parece que queda implícito na concepción máis tradicional do pecado orixinal; pero a súa negación non parece incompatible coas máis modernas interpretacións teolóxicas que se fixeron.
-
s
m
[BIOL]
Teoría que afirma que todos os organismos proveñen dunha única célula inicial.