monstro

monstro

(< lat monstru)

  1. s m
    1. [MIT]

      Ser fabuloso ou real que presenta unha conformación contraria á orde natural, como pode ser unha combinación de home e besta, ou de dúas ou máis bestas diferentes (centauro, minotauro, dragón ou esfinxe).

    2. Ser de tamaño extraordinario.

    3. Persoa, animal ou cousa de extrema fealdade.

  2. s m [PAT]

    Feto, persoa ou animal de conformación contraria á orde regular da natureza.

  3. s m

    Persoa de extrema crueldade ou perversidade.

  4. s m

    Persoa que sobresae nunha determinada actividade.

  5. monstro de Gila [ANIMAL]

    Réptil escamudo, da suborde dos saurios, que acada 60 cm, que presenta o corpo con formas arredondadas e de cor negra con manchas laranxas e amareladas. Constitúe, xunto coa especie H. horridum, o único saurio velenoso. Aliméntase de ovos de réptiles e aves e de pequenos réptiles. É de costumes nocturnas e na época de máxima calor cae en letargo. Habita nas zonas áridas de vexetación xerófila de Arizona, Utah e Novo México.