montador -ra

montador -ra

(< montar)

  1. adx e s

    Que ou quen monta.

    Ex: A industria montadora está medrando. El é o montador do espectáculo.

  2. s

    Obreiro especializado que monta máquinas ou aparatos.

    Ex: O montador rematou onte de colocar todas as pezas do aparato.

  3. s
    1. Persoa que leva a cabo a montaxe das películas.

    2. Calquera instrumento que se utiliza na montaxe de películas.

Palabras veciñas

montábel | montable | montacargas | montador -ra | Montagna, Bartolomeo | montagnard* | Montagne Pelée