Montealegre

Montealegre

Conxunto arqueolóxico situado en Domaio (Moaña). Escavouse entre 1925 e 1926, e nel apareceron varias casas redondas e ovadas e unha especie de fogar rectangular de paredes moi longas. Na parte máis elevada do terreo tamén se atoparon varios gravados rupestres. Aínda que se considera a súa data de época neolítica, algúns materiais atopados, como fíbulas ou moedas, probaron suficientemente a súa romanización. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.