Montouto

Montouto
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que leva, en campo de azul, un castelo de prata, sostido dun outeiro e resaltada a porta do castelo dun monteiro tocando a trompa de caza. Outra variante presenta escudo cuartelado: o primeiro cuartel, axadrezado de prata e azul, de quince pezas, tres por cinco; o segundo, de goles, cun brazo armado nacente do flanco sinistro, levando na man unha rama de oliveira; o terceiro, de ouro, cunha oliveira de sinople; e o cuarto, de azul, cun cisne de prata coroado de ouro, cunha póla de oliveira no peteiro, e sostido de ondas de prata e azul.

Palabras veciñas

Montouto | Montouto | Montouto | Montouto | Montouto, cordal de | Montoxo | Montoxo