Monzón, Tratado de

Monzón, Tratado de

Pacto asinado entre os representantes de Luís XIII de Francia e Filipe IV en Monzón, onde o rei de Castela celebraba Cortes, o 5 de maio de 1626. Recoñecía a independencia da Valtellina, Bormio e Chiavenna, feito que asegurou as comunicacións entre o Milanesado, dominado por Castela, e o Imperio Austríaco.