yao

yao
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo yao.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo yao.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo bantú que habita ao S de Tanzania, en Moçambique, entre os ríos Rowuma e Lugenda, e ao S de Malawi. Cultivadores de algodón e millo, en Ma­lawi iniciaron o cultivo de tabaco. Están islamizados.

  4. s m [LING]

    Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo yao.