Yaracuy
Yaracuy
Estado de Venezuela, limitado ao N polo estado de Falcón, ao L polo de Carabobo e o mar das Antillas, ao S polos estados de Cojedes e Larra, e ao O por Larra (7.100 km2; 499.049 h [2001]). A capital é San Felipe (86.169 h [2001]). Forma dúas rexións montañosas ao O e ao L, separadas pola depresión tectónica dos ríos Turbio e Yaracuy. Cultívase sobre todo cana de azucre, e tamén café, cacao, froita, arroz, millo, algodón e bananas. Hai minas de cobre, prata, ouro e chumbo.