Yucatán
Yucatán
Estado de México, situado ao N da península de Yucatán (38.402 km2; 1.658.210 h [2002]). A capital é Mérida. Limita ao N co golfo de México, ao L co estado de Quitana Roo, ao S co estado de Campeche e ao O co golfo de México. O solo é pouco fértil e dedícase case exclusivamente ao monocultivo de henequén, planta da que deriva unha industria artesá de fabricación de cordas, esteira e tecidos. Habitado tradicionalmente polos maias, destaca o conxunto Chichén Itzá. Despois da independencia, constituíuse en estado (1824) pero separouse do réxime federal dúas veces (1840-1842 e 1846).