xacinto
(< lat hyacinthu < gr ὑἁκινϴος)
-
[PLANTA]
-
s
m
Planta herbácea bulbosa, de 20 a 50 cm de altura, con follas lineares, carnosas, erectas e de cor verde intensa. Ten escapo floral groso, flores de cor branca, amarela, azul, violeta ou rosada, olorosas e reunidas en acios densos. Emprégase como planta de xardín.
-
xacinto acuático/de auga [Eichornia crassipes, Fam das pontederiáceas]
Planta flotante anual, de ata 15 cm de altura, con follas ovais ou cordiformes de cor verde brillante, flores de cor violeta dispostas en espigas, moi semellante á do xacinto. Florece entre agosto e setembro. Orixinaria de América do S, cultívase como planta ornamental en estanques.
-
xacinto bravo [Hyacinthoides non-scripta, Fam das liliáceas]
Planta herbácea, bulbosa, con follas lineares ou lanceoladas, flores en forma de campá dispostas no ápice do talo e froito en cápsula. Florece na primavera en zonas do interior.
-
s
m
-
s
m
[BOT]
Flor desta planta.
-
xacinto de Compostela
[MINERAL]
ariedade cristalizada do cuarzo, de cor vermella opaca, que se presenta normalmente en cristais pequenos, moi ben conformados, illados ou en grupo.