xadrez
(<ár hispánico aššatranğ ou aššiṭranğ)
-
s
m
[XOGO]
Xogo de mesa que disputan dous contrincantes, con dezaseis pezas movibles cada un, sobre un taboleiro dividido en cadros brancos e negros. As pezas, diferenciadas tamén con estas cores, son movidas alternativamente por cada xogador coa finalidade de eliminar as do contrario segundo as regras específicas do xogo. Cada xogador dispón, ao iniciar a partida, de todas as pezas dunha das dúas cores, que son: un rei, unha raíña (ou dama), dous alfís, dous cabalos, dúas torres e oito peóns. A finalidade do xogo é facer xaque mate ao rei do contrario; pero se ningún dos xogadores o pode facer, a partida acaba en táboas. Os árabes son os autores dos primeiros tratados sobre este xogo. Unha colección destas series foi presentada por Afonso X o Sabio no seu Libro de ajedrez, dados et tablas (1270?), que xunto con Bonus socius (1286), conservado en Florencia, son os primeiros manuscritos europeos sobre este xogo. Modernamente acadou unha gran difusión e é obxecto de competicións de carácter internacional. Dos principais xogadores de xadrez destacan M. Botvinnik, B. Spassky, Robert Fisher, A. Karpov, G. Kasparov, V. Kramnik ou R. Kasimdzhanov.
-
s
m
Conxunto do taboleiro e das pezas deste xogo.