Xaime de Inglaterra o Vello Pretendente

Xaime de Inglaterra o Vello Pretendente

(Londres 1688 - Roma 1766) Pretendente á coroa británica, fillo de Xaime II de Inglaterra e da súa segunda muller, María de Módena. A Revolución de 1688 obrigou a súa familia a exiliarse. Foi excluí­do do trono británico pola Act of Settlement (1701) e, pese á axuda de Luís XIV de Francia e dos seus partidarios en Escocia, a súa posición política debilitouse rapidamente a causa das súas convicións católicas.

Palabras veciñas

xaguarundí | Xaignabouri | Xaime | Xaime de Inglaterra o Vello Pretendente | Xaime de Mallorca | Xaime I de Aragón o Conquistador | Xaime I de Escocia