xaneiro

xaneiro

(< lat v ienuarĭu

s m

Primeiro mes do ano que ten 31 días, que no antigo calendario romano era o undécimo dos meses.

Refráns

  • En xaneiro mete obreiro.
  • No mes de xaneiro sube ao outeiro; se ve-los teus campos verdexar, ponte a chorar; se terrexar, ponte a cantar.
  • No minguante de xaneiro corta o teu madeiro.
  • No xaneiro busca a lebre no bulleiro.
  • O san Antón verdadeiro é o dezasete de xaneiro.
  • O sol de xaneiro non ten compañeiro.
  • Pegureiro, sube ao outeiro e,se no xaneiro ve-los campos verdegar,bótate a chorar e,se os ves terrexar, ponte a bailar.
  • Polo san Vicente perde o inverno un dente.
  • Polo san Vicente toda a auga é semente.
  • Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.

Palabras veciñas

Xandre/Xandra | xaneira | xaneirento -ta | xaneiro | Xaneiro | xaneirón | xanela