Xantos
Xantos
Antiga cidade da Licia, situada preto da vila de Kinik, na desembocadura do río Koka (antigamente Xantos), en Turquía suroccidental. Arredor de 540 a C foi asediada por Harpagos, xeneral de Ciro II de Persia. Os seus habitantes suicidáronse, queimándose xunto aos seus escravos e tesouros. Reconstruída e repoboada, volveu ser asediada (42 a C), esta vez polos romanos, e repetiuse a heroica defensa.