xarampón

xarampón

(

  1. s m [PAT]

    Enfermidade infecciosa e contaxiosa de carácter epidémico estacional na poboación infantil, que deixa inmunidade duradeira, é dicir, que só se padece unha vez na vida. É causada por un mixovirus do xénero Morbilivirus e presenta un período de incubación de 10 días, un período prodrómico (de 4 a 6 días) con febre, conxuntivite, rinite e laringotraqueíte, un período exantemático e un período de escamación. Caracterízase pola aparición na pel de erupcións en forma de manchas vermellas confluentes e diseminadas. As principais complicacións do xarampón son respiratorias (broncopneumonía xarampelosa) e nerviosas (encefalite aguda xarampelosa). OBS: Tamén se denomina sarampelo.

  2. xarampón alemán [PAT]

    rubéola.

Palabras veciñas

xarado -da | xaral | xaramago | xarampón | xaranta | xarantazo | xarapada