xareta

xareta

(< ár hispánico šaríta <ár clásico šarītah ‘cinta’)

  1. [PESCA]
    1. s f

      Cabo que pecha unha arte de pesca de cerco pola parte inferior unha vez realizado o rodeo ou cerco do cardume de peixes.

    2. cerco de xareta

      Arte de pesca de cerco na que se emprega unha rede rectangular cuns flotadores na parte superior e uns pesos na inferior, e que vai reducindo a bolsa mediante a xareta para impedir que escapen os peixes.

  2. s f [MAR]

    Cabo que se emprega para asegurar os paus que quedan frouxos despois dun temporal, amarrándoos de obenque a obenque dun lado ao outro.

  3. s f [INDUM]

    Costura que se realiza nunha peza de roupa e que permite introducir por ela unha cinta para axustala ao corpo. Adoita facerse na parte alta dos pantalóns e saias do traxe tradicional para poder cinguir estas pezas ao van e nos puños das camisas para pasar unha fita de seda ou raso de cor.

Palabras veciñas

xardón | xarelo -la | Xares | xareta | xario | xarna | xaropa