xarope

xarope

(< ar šarāb ‘poción’)

  1. s m [MED]

    Solución saturada de azucre en auga, empregada como vehículo en moitos medicamentos. A súa preparación en frío non dá lugar á inversión do azucre e fai que o xarope sexa menos sensible á fermentación. Actualmente prepárase en quente, engadíndolle despois un antiséptico como antifermentativo. Para mellorar as súas propiedades organolépticas, engádenselle esencias ou colorantes autorizados.

  2. s m [ALIM]

    Líquido espeso e viscoso constituído por solucións de azucres en auga, zumes de froita, infusións ou decoccións vexetais, ou por unha mestura destes con substancias extraídas de vexetais, ás veces con aromas, caramelo, azucre, ácidos orgánicos e certos aditivos. Poden conter polpa e cortizas en pequena cantidade, e ás veces están clarificados e pasteurizados ou esterilizados. Emprégase en pastelaría, compotas, marmeladas, confeitos, licores ou bebidas refrescantes.

Palabras veciñas

xarna | xaropa | xaropada | xarope | xaropeiro -ra | xaroto -ta | xarra