Xasón
Xasón
[MIT]
Heroe da mitoloxía grega, fillo de Esón, rei de Iolco. O seu tío Pelias usurpoulle o trono, que prometeu cederlle se atopaba o vélaro de ouro, que conseguiu coa axuda dos argonautas e da feiticeira Medea. Á súa volta, Xasón e Medea vingaron a morte de Esón, asasinado por Pelias, e trasladáronse a Corinto, onde Xasón a traizoou casando coa filla do rei. En vinganza, Medea matou a noiva, así como aos seus propios fillos, que tivera con Xasón.