xecónido -da

xecónido -da

(< lat científico Gecko, xénero de réptiles)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos xecónidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Réptil da familia dos xecónidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de réptiles escamosos, da suborde dos saurios, coas pálpebras transparentes e soldadas, e láminas subdixitais nos dedos que lles serven para adherirse ás superficies. Teñen a propiedade de poder desprenderse da cola á súa vontade en caso de necesidade.

Palabras veciñas

xebrar | xebre | xebuseo -a | xecónido -da | xeda | Xedeón | Xedeón