xeira
xeira
(< lat diarĭa, dediē)
-
s
f
Xornada ou período de tempo que se dedica a realizar un traballo, xeralmente de maneira ininterrompida.
-
s
f
Traballo que se realiza nunha xornada ou dunha soa vez.
-
s
f
Cantidade de diñeiro que recibe unha persoa como pagamento polo traballo dun día.
Sinónimos: xornal. -
s
f
Esforzo físico ou mental que realiza unha persoa.
Sinónimos: ceifa. -
s
f
Momento en que unha persoa goza do dereito ou a obriga de facer, usar ou recibir algunha cousa, xeralmente segundo unha repartición previa.
Sinónimos: rolda.
Frases feitas
-
Á xeira. Expresión con que se indicar que se traballa cobrando unha determinada cantidade de diñeiro por día.
-
Ás xeiras loc adv Alternativamente.