xema

xema

(

  1. s f [BIOL]

    Pequeno vulto ovoidal ou fusiforme aínda sen desenvolver, que sae nas pólas ou no talo das plantas, constituído por unha cuberta de pequenas follas modificadas (catafilos) estreitamente imbricadas, e a miúdo pilosas, que protexen unha porción de tecido meristemático en fase de repouso, e que dá lugar a novas pólas, flores ou follas.

    Sinónimos: abrocho, brote, gromo, rebento.
  2. s f [ZOOL]

    Masa esferoidal amarela no interior dos ovos das aves e dos réptiles.

  3. s f [ANAT]

    Masa de carne de forma arredondada que teñen as puntas dos dedos pola parte oposta á unlla.

  4. s f

    Calquera pedra preciosa.